Rumpelstikin info@urdime.net 619 92 03 35
__Inicio____A obra ____Galeria____Video____Documentacion
Sinopse __Ficha artística e técnica __ Apuntes do director __ Apuntes da escenógrafa__ As compañías__Os artistas

Plamen Dipchikov / autor, director e actor

Doutor en ciencia e arte teatral
Director de teatro & dramaturgo
Estudos realizados:
GRAO UNIVERSITARIO MAGISTER - UNIVERSIDADE DE ARTES ESCENICAS "KR.SARAFOV" de Sofia (Bulgaria))
GRAO CIENTÍFICO ACADÉMICO - DOUTOR en Ciencia e Arte Teatral.
Dende o seu primeiro traballo como director profesional en 1981 crea máis de vinte espectáculos no Teatros Estatais do Ministerio de Cultura Búlgaro, tres no Teatro Nacional de Marionetas de Riga, Letonia e dez en España.
En 1983 - a súa posta en escena da obra PUK, de Valeri Petrov, no Teatro de marionetas de Burgas (Bulgaria) obtén varios premios do xurado no Festival Internacional de Marionetas "Delfin de Oro" (Varna, Bulgaria)
O espectáculo PUK obtivo:
- Premio "Mellor espectáculo do ano 1984" A Xunta de Burgas, Bulgaria
- Premio " Mellor Espectáculo no País" da Casa de
Literatura e Arte Infantil e Xuvenil - Sofia (Bulgaria)
O público de numerosos países de Europa entre outros Bulgaria, Letonia, Alemaña, Polonia, Iugoslava, Rusia e España aplaudiu as súas obras teatrais

Luís González / actor

Cursos de formación con: Dolors Abelló, Lluisa Cortada, Johannes Vardar, Roberto Espina, Yang Feng, Els Comediants, Jesús Aladrén, Martín Adjemián entre outros.
Distintas producións coas compañías Danthea Teatro, Xalgarete, Troula, Els Comediants, Cachirulo e Teatro 002.
Membro fundador da compañía Trompicallo.

:

 


Ani Petrova / escenógrafa, vestiario e marionetas

ESTUDOS REALIZADOS na UNIVERSIDADE DE VELICO TARNOVO (BULGARIA):
Belas Artes, Arte Monumental, Historia da Arte do Renacemento e Arte Moderna, Escultura, Artes Gráficas, Estética e Pedagoxía da Arte.
A súa Tese versa sobre a Iconografía Búlgara do Renacemento.
Durante cinco anos dirixiu a Galería Estatal de Arte na cidade de Elena (Bulgaria). Logo especialízase en arte escenográfica, traballando para a compañía estatal de Teatro de Monicreques de Burgas (Bulgaria) e creando proxectos de escenografías, marionetas e vestiarios para diferentes compañías estatais de Shumen, Targovishte, Silistra, Vidin, Jaskovo (Bulgaria).
Durante catro anos en Alemaña, especialízase en deseño gráfico e de volta en Bulgaria, realizou numerosos traballos de artes gráficas e multimedia para teatro, publicidade e televisión.
Dende 2000 vive en España e colabora en todas as producións da compañía KALINA Teatro e outras compañías españolas. Nos últimos anos realiza dous proxectos de escenografía, multimedia, marionetas e vestiario para postas en escena no teatro estatal de Riga (Letonia).

 

Marián González / actriz

Cursos de formación con: Philippe Genty, Mary Underwwood, Lluisa Sala, Carlos Fragateiro, David Golf Eveleigh, Yang Feng, Yin-Bay-Li, Manuel Román, Natalia Zvereva, Nikolai Karpov, Irina Promptvoa, Jiri Jaros e M.A. Valdés entre outros.
Distintas producións coas compañías: Centro Dramático Galego (CDG), Monicreques de Kukas, Falcatrúa, Tres Globos, Danthea, Compañía do Dragón, Teatro Galileo, Cachirulo, integrante e fundadora da compañía Trompicallo.

     
Kalina Teatro & Trompicallo