Rumpelstikin info@urdime.net 619 92 03 35
__Inicio____A obra ____Galeria____Video____Documentacion
Sinopse __Ficha artística e técnica __ Apuntes do director __ Apuntes da escenógrafa__ As compañías__Os artistas

 

 


Kalina Teatro


No ano 1983 xúntanse dous profesionais do teatro especialistas en: dramaturxia e dirección de escena, deseño e realización de marionetas e escenografía. Crean e realizan ao principio proxectos para outras compañías (en España, Alemaña, Bulgaria, Letonia etc). A súa longa experiencia dá como froito a consolidación da súa propia compañía. Crearon máis de vinte postas en escenas nacionais e internacionais.
Dende o ano 2004 estrean sete espectáculos infantís, entre outros: "Los tres Cerditos" (en colaboración coa Junta de Andalucía), "Rumpelstikin- el enano saltarín", "La Galina de los huevos de oro" e unha montaxe para adultos- "Amor, Delicias y Oro".
Participan en festivais nacionais e internacionais- Madrid, Bilbao, Vitoria, Santiago de Compostela, Cuenca, Alicante, Soria, Albacete;
na 1ª e 3ª Mostra de Teatro Andaluz e no CIRCUÍTO ABECEDARIA; nos circuítos da Junta de Andalucía e as deputacións de Sevilla, Cádiz e Huelva.

Trompicallo


Dende 1997 esta compañía leva producindo e distribuíndo espectáculos, participando en distintos festivais, redes e feiras do estado.
Algúns dos espectáculos producidos son: "Osiño" (2012), "O día que chegou unha nube e choveu" (2010), "Violeta Coletas contra as salchichas Gulp" (2009), "Bolboreta" (2006), "Nadarín" (2004), entre outros.
Tamén destacamos a participacion no Festival de Teatro de Almagro, Festival Internacional do Porto, Tirimundi (Segovia), F.E.T.E.N. (Gijón), Festival Cómico dá Maia (Portugal), M.I.T. de Ribadavia, Fira de Teatre Al Carrer (Tárrega), Festival de Teatro de Humor (Araia-Asparrena), Fest. Int. de Títeres de Alicante, Fetival de Títeres de Sevilla e nas Redes de Teatros de Aragón, Castela-León, Asturias, Euskadi, Galicia, Castela-A Mancha, Madrid, etc

 

     
Kalina Teatro & Trompicallo