Rumpelstikin info@urdime.net 619 92 03 35
__Inicio____A obra ____Galeria____Video____Documentacion
Sinopse __Ficha artística e técnica __ Apuntes do director __ Apuntes da escenógrafa__ As compañías__Os artistas

Apuntes do director

Se a vida podese representar como un fío, resulta que a biografía é o nobelo enteiro e para contar a historia de calquera persoa, tes que liar a febra que leva consigo. Esta linguaxe metafórica é a esencia do espectáculo. Todos os elementos - os personaxes, o decorado e sobre todo a acción - están "atados" con anacos de fíos e fitas nunha expresiva imaxe escénica. Os actores enfían o conto interpretando a vida da filla do muiñeiro.

Como é posible fiar de calquera herba seca un fío de ouro puro, tal como promete o pai?

Cal é o prezo da Riqueza?

Onde está o troco coa Pobreza?

Quen é o estraño personaxe, que aparece da nada disposto a axudala?

Cal é o seu nome?

Onde está o seu escondedoiro?

A posta de escena dá respostas firmes, utilizando un formato grande que une elementos de teatro visual, obxectos animados, sombras e proxeccións.
A mensaxe clara que transmite a obra é que non deixes que o nobelo da túa vida sexa liado por mans estrañas.

Plamen Dipchikov.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

   
Kalina Teatro & Trompicallo