Rumpelstikin info@urdime.net 619 92 03 35
__Inicio____A obra ____Galeria____Video____Documentacion
Sinopse __Ficha artística e técnica __ Apuntes do director __ Apuntes da escenógrafa__ As compañías__Os artistas

 

 


Apuntes da escenógrafa

O concepto da escenografía dirixe os seus esforzos en aumentar o espazo escénico, rompendo visualmente os seus marcos físicos.

A idea é ofrecer aos personaxes a extensión enteira, para satisfacer as esixencias visuais da obra. Isto favorece a dinámica e a intensidade da acción e proporciona un amplo espazo vital arredor das marionetas.

A imaxe escénica obriga ao escenario a "esvaecerse fronte os ollos do espectador e introdúceo no mundo figurativo dos ambientes suxeridos. Isto conséguese mediante o aumento extraordinario do elemento central do concepto teatral e a súa proxección escénica bidimensional.

O nobelo da vida preséntase como un circulo de 3 metros de diámetro, tecnicamente dividido en catro partes separadas e independentes. A construción e creación dos personaxes conta con medios de distintas linguaxes teatrais: actor, obxecto, marioneta, sombra e o elemento clave, a luz.

A iluminación é tratada de forma prioritaria e cun afecto especial. Está organizada nun corredor de luz en plena escala cromática de gran dimensión. O resultado permite "pintar" sobre o lenzo escenográfico un cadro artístico multicolor, dinámico e irrepetible.

Ani Petrova

 

 

     
Kalina Teatro & Trompicallo