Rumpelstikin info@urdime.net 619 92 03 35
__Inicio____A obra ____Galeria____Video____Documentacion
Sinopse __Ficha artística e técnica __ Apuntes do director __ Apuntes da escenógrafa__ As compañías__Os artistas

Sinopse

A Pobreza mudouse a vivir a un pobo afastado. Os labregos dese lugar quedaron sen un só gran, despois de pagar os impostos ao Rei. O único que consegue darlle unha malleira á odiosa convidada é o vello muiñeiro. Este vese involucrado nun accidente fortuíto cun xoven nobre que regresa ao castelo. Aproveitando esta ocasión única o muiñeiro revélalle a incrible habilidade da súa filla, que pode "fiar de calquera herba seca, un fío de puro ouro,". Deste modo Esperanza chega ao pazo. Por orde do Rei, a moza debe confirmar as palabras do seu pai. A pobre rapaza decátase da súa dramática situación: se o consegue - vivirá como unha raíña! - E se non - pai e filla pagarán coas súas vidas!
A xigantesca tarefa vese superada coa axuda dun estraño anano que aparece sempre da escuridade. Co incrible potencial e os misteriosos conxuros do homiño, a filla do muiñeiro converte repetidamente toda a palla do reino en fíos de ouro. A cambio, o anano esixe pagamentos cada vez menos humanos e máis monstruosos.
O Rei abdica en favor do seu fillo e cumpre as súas promesas. A filla do muiñeiro casa co novo rei convertendose en raíña. Nove meses máis tarde a raíña dá a luz un herdeiro con cabelos de ouro. Xusto despois das festas do primeiro aniversario do príncipe, o anano regresa para cobrar a súa débeda. Vén a reclamar o que lle corresponde, segundo él tratou con Esperanza. Nada máis e nada menos que o seu primeiro fillo!
Presa do pánico Esperanza proponlle trocos desesperados.
O anano rexéitaos todos inexorablemente.
O único que consegue facelo dubidar é a última proposta da nova raíña - que a leve a ela, en vez do neno.
Déixalle tres días para reflexionar e adiviñar cual é o seu nome. Se o consegue, recuperará a custodia do seu fillo, pero se non...
Como nun soño, o vello muiñeiro aparece no pazo para revelar á súa filla o segredo que esconde a natureza humana e a clave para descifrar o nome do desgraciado anano.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

   
Kalina Teatro & Trompicallo